The Jackson Five
Charanga Amateur, de Castreloland , espera con impaciencia, pero ao mesmo tempo mostrando amorne, o final da actuación. Antes eran sete, tiñan representante e camerino propio, pero desde que dous de eles colleron "baixa forzosa" as cousas xa non te son iguais.
Levan días intentando convencer ao de amarelo de adiante que vai por libre, para que se una a eles, a cambio do que sexa, ata ofrecéndolle ser o líder solista da charanga- por iso teñen as bandoleiras para o intercambio- pero moito me temo, que a presunta fichaxe tamén tivo que deixar "forzosamente" a actividade músico-vocal.
De todas as maneiras ¡ánimo¡, que logo de tantos anos a "traballar", un descansiño tampouco vén nada mal. E a partir de agora, a ver os touros desde a barreira e rezar o rosario da aurora.
P.D.- Meu, espero que esta foto, aínda que teña pouco calidade, che de bo rolo. Eu xa non podo facer nada máis
- 0
- 0
Comments
Sign in or get an account to comment.